A ecografía tampouco doe

Autores/as

  • Santiago González López SERGAS
  • Josefa Gerpe Jamardo

Resumo

Paciente de 63 anos con antecedentes de Diabetes Mellitus, HTA e obesidade, e a tratamento antihipertensivo e con alfabloqueantes. Acode ao PAC o 03/06 por unha discreta dor epigástrica continua, non irradiada, dunhas horas de evolución, sen febre, dor torácica nin outros datos de alarma. Na exploración física destaca abdomen algo distendido, dor abdominal á palpación e dudosos datos de defensa en epigastrio. As constantes vitais e o electrocardiograma estaban dentro da normalidade. Ante a falta de datos de alarma adminístrase paracetamol, con completa desaparición da dor, e indícaselle regresar ante empeoramento dos síntomas.

O 08/06 acode ao seu médico de Atención Primaria por persistencia da clínica, con idéntica exploración abdominal, exceptuando un Murphy levemente positivo. Ante a sospeita de colelitiase, realízase unha ecoscopia abdominal no Centro de Saúde, na que destaca unha colección biliar de 5,5x2 cm compatible cun cuadro de colecistite aguda evolucionada. A raíz destes achados derívase a Urxencias hospitalarias e é ingresado en Cirurxía Xeral para estudo e tratamento.

Este caso amosa a importancia da ecografía na Atención Primaria como parte complementaria da exploración, que nos permitiu detectar unha patoloxía urxente a pesar de terse manifestado como un cuadro pouco rechamante. Do mesmo xeito, recórdanos que os pacientes diabéticos de larga evolución, pola súa vasculopatía e neuropatía, poden manifestar síntomas menos floridos do habitual, presentando pouca dor en cuadros clínicos que normalmente cursarían cunha sintomatoloxía máis alarmante, co que unha leve dor neste tipo de paciente non debe ser menospreciado.

##submission.downloads##

Publicada

01.11.2023

Número

Sección

Casos clinicos

Categorías