A simuladora

Autores/as

  • Belen Blanco Eiras Centro de Saúde de Bueu
  • Lucia Linares Obarrio

Resumo

Ámbito do caso: Atencion Primaria, Urxencias

Paciente de 69 años con antecedentes de diabetes e hipertensión que acude a atención primaria por cefalea e dor cervical nocturna de 3 días de evolución, asocia dor intensa no ollo esquerdo e imposibilidade para poñer a cabeza na almofada. No momento da consulta non ten dor e a exploración neurolóxica é normal. Quince días máis tarde acude de novo por cefalea temporal e occipital que non cede con analexia acompañada de pérdida de forza aguda no membro superior esquerdo, polo que se deriva a urxencias para descartar un ictus. No servicio de urxencias realízaselle unha tomografía computarizada cerebral que sae normal. Na analítica observase elevación da proteína C reactiva polo que se sospeita unha arterite de células xigantes. Ao día seguinte é valorado por reumatoloxía onde se observa que as arterias temporais están levemente engrosadas de forma simétrica, hai unha paresia parcial proximal de miembro superior izquierdo con diminución da sensibilidade táctil e disminución da forza distal. Ao mesmo tempo na analítica rutinaria observase unha elevación da VSG. Realízaselle na consulta unha ecografía vascular temporal onde se observan defectos de repleción con engrosamentos nas arterias temporales co signo do halo. Dado o cuadro completo decidese ingreso hospitalario con bolos de metilprednisolona. Durante o ingreso faiselle unha biopsia da arteria temporal con diagnostico de arterite de células xigantes. Un mes máis tarde é dado de alta con recuperación casi completa da sintomatoloxía. Deste caso, sacamos en claro que a arterite de células xigantes se pode manifestar de diferentes formas e non sempre da forma clásica que nos describen nos libros polo que ten que estar sempre nas nosas hipóteses diagnósticas.

##submission.downloads##

Publicada

01.11.2023

Número

Sección

Casos clinicos

Categorías