Xustiza e accesibilidade en Atención Primaria
Resumo
O obxectivo do traballo presentado é reflexionar sobre a diferenza entre a inmediatez e a accesibilidade ao sistema sanitario, reivindicar o principio de xustiza na asistencia sanitaria e propoñer solucións ante este sistema da “medicina do inmediato” que está a saturar as consultas de atención primaria, facéndoas menos accesibles.
A confusión de inmediatez coa accesibilidade leva a poboación a empregar vías urxentes para consultar problemas que en ocasións poderían resolverse fomentando a autonomía do paciente no manexo de problemas banais de saúde. Mentres a atención primaria, os PACs e as urxencias hospitalarias se atopan saturados por este tipo de consultas, hai sectores da poboación vulnerables que non son capaces de acceder ao sistema sanitario de xeito eficaz. Deste xeito, e en consonancia coa lei de Tudor Hart, vemos persoas con problemas sociais, pluripatoloxía ou dificultades na contorna familiar que reciben menos atención da que lles debera corresponder. Xa que logo, estamos a crear un sistema cada vez menos xusto e xestionando os recursos dun xeito pouco equitativo.
A responsabilidade é tanto da poboación (por mal uso dos recursos), como da administración (que fomenta o mal uso da sanidade pública a través de políticas pouco axeitadas e inhibíndose de educar a poboación nun uso responsable deste valioso patrimonio).
Polo tanto, como profesionais da saúde debemos procurar detectar e minimizar as inxustizas na asistencia sanitaria, como pacientes tócanos facer un uso responsable dos recursos da sanidade pública, e como cidadáns debemos demandarlle ao Estado e a administración medidas que fagan que o noso sistema sanitario sexa accesible e xusto para todos e todas.
Publicada
##submission.howToCite##
Número
Sección
##submission.license##
##submission.copyrightStatement##
##submission.license.cc.by-nc-nd4.footer##Esta revista publícase baixo licencia
CC Atribución-Non comercial-Non derivadas 4.0 Internacional (CC BY-NC-ND 4.0)