Miastenia ocular en contexto de timoma: Caso clínico

Autores/as

  • Cristina Ferrín Castro Centro de Saúde de Bembrive
  • Lucía Ferrari Piñeiro
  • María del Carmen Gesto Moreno
  • Félix Alonso García

Resumo

ÁMBITO DO CASO:

Atención Primaria.

 

MOTIVO DE CONSULTA:

Sensación de corpo extraño en ollo esquerdo.

 

HISTORIA CLÍNICA:

  • AP:

- Alerxia a Ibuprofeno.

- HTA.

- IQx: Histerectomía + anexectomía. Artroscopia xeonllo dereito.

- Tratamento habitual: Hidroclorotiazida.

  • MC:

Muller de 61 anos que consulta por sensación de néboa e molestias en ollo esquerdo dunha semana de evolución. É remitida de forma urxente a Oftalmoloxía onde se descarta patoloxía. Dez días despois volve ao ambulatorio polo mesmo motivo e aparición de ptose do párpado esquerdo. Remítese de novo a Oftalmoloxía, onde solicitan TC cerebral que resulta anodino. Derivan a Neuroloxía con sospeita de miastenia ocular e inicia anticolinesterásicos con melloría parcial. Tras 10 días aparece sensación de afogo e disfaxia e ingresa en Neuroloxía.

  • EF:

COC. BEX. ACP anodina.

NRL: ptose bilateral, predominante en OE. Debilidade orbicularis oculi e frontal. Disfonía con fatigabilidade. Resto normal.

  • PPCC:

TC craneal: normal.

EMG: congruente con Miastenia gravis en trapecio.

RM torácica: probable timoma invasivo estadío II-III.

RxTx: aumento de densidade superposto a silueta cardíaca e ocupación do mediastino anterior en relación a lesión tímica.

 

XUÍZO CLÍNICO:

Miastenia gravis xeneralizada paraneoplásica. Timoma.

 

EVOLUCIÓN:

Con diagnóstico de Miastenia gravis con forma ocular deriva á xeneralizada con predominio de clínica bulbar e cervical. Tras escasa resposta a prednisona e anticolinesterásicos recibe inmunoglobulinas endovenosas con evolución excelente. Pasa a Cirurxía Torácica para timectomía, precisando radioterapia e quimioterapia posterior por parte de Oncoloxía por implantes pleurais, con remisión ata o momento actual.

 

CONCLUSIÓNS:

En España a prevalencia da MG aproximada ronda os 10.000 afectados. Existen dous picos de incidencia: mulleres entre os 20-40 anos e homes entre 50-70 anos.

Ante un paciente con debilidade nos músculos oculares debemos sospeitar MG por ser a presentación máis frecuente (>70%). Arredor dun 10% dos pacientes asocian un timoma.

Publicada

20-05-2023