Experiencia e reflexión a través dun caso clínico
Resumo
OBXECTIVOS DA EXPERIENCIA
Reflexionar acerca da importancia da exploración física frente as probas complementarias a través dun caso clínico, labor fundamental no día a día do traballo dun Médico de Familia.
DESCRICIÓN DA EXPERIENCIA
Paciente muller de 36 anos que foi intervida vai 3 días de anexectomía dereita por cancro de ovario e acode por dor abdominal, que non alivia coa analxesia pautada.
A exploración física é normal salvo a dor abdominal difusa.
As probas complementarias son todas normais, a pesar de non ser posible a obtención da mostra de ouriña por dolor.
Ao pornos en contacto co servizo tanto de xinecoloxía como posteriormente de radioloxía suxirenos se pode tratar dunha ITU. Explicámoslles que o cuadro clínico que a paciente nos describe non se asemella cunha ITU xa que non presenta disuria, nin polaquiuria, nin poliuria, ademáis a dor non é suprapúbica e non ten outra clínica que nos faga sospeitar en patoloxía infecciosa.
Realizase ecografía realizando tamén abordaxe abdominal do aparato xinecolóxico, evidenciándose exclusivamente líquido libre que os radiólogos toman como normal tras unha cirurxía reciente.
Solicítase sondaxe vesical para a análise da ouriña e reinterrógase á paciente comentando anuria que no momento actual xa é dunhas 17h de evolución, comentando dor no intento de micción.
Valoranse os resultados da AO descartando ITU.
Derívase a paciente ao servixo de xinecoloxía onde finalmente se realiza cistografía e TAC onde se obxetiva perforación vesical ocasionando acumulo de ouriños no abdome que acabou desenbocando en ascite.
CONCLUSIÓNS
A solución a este caso estaba nunha boa anamnese e exploración física. Non eran precisas as probas complementarias (que inicialmente foron normais) para o diagnostico de sospeita. Cirurxía reciente + dor abdominal + anuria + AUSENCIA DE GLOBO VESICAL: pensar en perforación vesical iatroxénica.
APLICABILIDADE
Debemos incidir máis na importancia da semioloxía frente ao modelo cada vez máis frecuente de basar o diagnóstico en probas complementarias.
Publicada
##submission.howToCite##
Número
Sección
##submission.license##
##submission.copyrightStatement##
##submission.license.cc.by-nc-nd4.footer##Esta revista publícase baixo licencia
CC Atribución-Non comercial-Non derivadas 4.0 Internacional (CC BY-NC-ND 4.0)