Self-audit: Revisión da anticoagulación oral con acenocumarol en fibrilación auricular non valvular nun cupo de atención primaria. Cando deberiamos cambiar a anticoagulantes orais de acción directa?
Palabras clave:
anticoagulación oral, fibrilación auricular, self-auditResumo
Título: Self-audit: Revisión da anticoagulación oral con acenocumarol en fibrilación auricular non valvular nun cupo de atención primaria. Cando deberiamos cambiar a anticoagulantes orais de acción directa?
Obxectivo: Avaliar o nivel de control en pacientes diagnosticados con fibrilación auricular non valvular que están a recibir tratamento anticoagulante oral con acenocumarol nun cupo de atención primaria.
Deseño: Estudo observacional mediante a revisión dos rexistros médicos electrónicos dos pacientes nun cupo de atención primaria para avaliar retrospectivamente os controis da terapia anticoagulante oral (TAO).
Contexto: Atención primaria, Centro de Saúde de Mos.
Método/Medicións: Incluíronse e revisáronse os rexistros médicos electrónicos de 75 pacientes do cupo diagnosticados con fibrilación auricular. Mediuse o tempo no rango terapéutico dos últimos 10 controis de TAO.
Resultados: Dos pacientes anticoagulados con acenocumarol e diagnosticados con fibrilación auricular non valvular, o 47 % tiñan un TRT <70 % e cumprían os criterios para cambiar a anticoagulantes orais de acción directa (ACOD).
Conclusións: É importante identificar aos pacientes que estean a tratamento acenocumarol e mal controlados. Os ACOD ofrecen unha opción máis cómoda con menos restricións dietéticas en comparación co acenocumarol, aínda que o custo pode ser un factor a considerar.
##submission.downloads##
Publicada
##submission.howToCite##
Número
Sección
##submission.license##
##submission.copyrightStatement##
##submission.license.cc.by-nc-nd4.footer##Esta revista publícase baixo licencia
CC Atribución-Non comercial-Non derivadas 4.0 Internacional (CC BY-NC-ND 4.0)