Pontevedra: Cidade amigable coa idade?
Análise cualitativa fundamentada na metodoloxía científica propia da Enfermaría
Palabras clave:
cidades, taxonom´ía, enfermaría, diagnóstico enfermeiro, determinantes sociais da sa´údeResumo
Título: Pontevedra: Cidade amigable coa idade? Análise cualitativa fundamentada na metodoloxía científica propia da Enfermaría.
Obxectivo: Avaliar, a través das percepcións de informantes clave, se Pontevedra responde ao modelo de Cidade Amigable coa Idade proposto pola Organización Mundial da Saúde (OMS), identificando necesidades percibidas por persoas maiores e traducíndoas á taxonomía enfermeira.
Deseño: Estudo cualitativo baseado na Investigación-Acción Participativa (IAP).
Emprazamento: Cidade de Pontevedra, Galicia, España.
Método/Medicións: A investigación fundamentouse no Proceso de Atención de Enfermaría (PAE), metodoloxía científica propia da disciplina, estruturada en cinco fases. A fase de valoración desenvolveuse mediante un grupo focal con persoas maiores. A partir da análise do discurso, identificáronse necesidades biopsicosociais, que foron interpretadas e categorizadas segundo os criterios do modelo de Cidades Amigables coa Idade da OMS. Finalmente, traducíronse ao linguaxe taxonómico enfermeiro (NANDA-I, NIC e NOC).
Resultados: Pontevedra amosa un perfil maioritariamente aliñado co modelo de Cidades Amigables coa Idade, con avances significativos en accesibilidade e participación. Con todo, persisten déficits en servizos públicos, vivenda e apoio comunitario.
Conclusións: Os achados permiten considerar que Pontevedra se aproxima ao modelo de Cidade Amigable coa Idade, aínda que con áreas mellorables. A aplicación do Proceso de Atención de Enfermaría permitiu analizar a saúde comunitaria de forma estruturada e traducir os resultados ao linguaxe propio da profesión, achegando unha base útil para planificar intervencións contextualizadas.
##submission.downloads##
Publicada
##submission.howToCite##
Número
Sección
##submission.license##
##submission.copyrightStatement##
##submission.license.cc.by-nc-nd4.footer##Esta revista publícase baixo licencia
CC Atribución-Non comercial-Non derivadas 4.0 Internacional (CC BY-NC-ND 4.0)