Determinantes sociais e violencia de xénero: unha revisión sistemática.
Palabras clave:
violencia de xénero, violencia na parella, violencia doméstica, determinantes sociais da saúde, factores socioeconómicos, EuropaResumo
Título: Determinantes sociais e violencia de xénero: Unha revisión sistemática.
Obxectivo: : Identificar os patróns socioeconómicos que aumentan a violencia de xénero e os perfís demográficos máis vulnerables. Búscase, en definitiva, aportar información para futuras estratexias de intervención comunitaria que reduzan o número de vítimas.
Deseño: Revisión Sistemática.
Emprazamento: Medicina Comunitaria.
Método: Efectuouse unha busca en bases de datos, seguindo as guías PRISMA e recollendo resultados publicados entre 2015 e 2025 que avaliaran a relación entre os Determinantes Sociais da Saúde e a Violencia na Parella.
Resultados: Incluíronse 15 publicacións: 3 estudos de cohortes e 12 estudos transversais, avaliando así unha poboación de 67074 europeos e europeas adultos. Os resultados organizáronse en función de cada factor socioeconómico examinado.
Conclusións: A Violencia de Xénero é unha casuística transversal a tódolos países europeos, onde os Determinantes Sociais da Saúde xogan un papel fundamental. Son necesarias futuras investigacións de carácter lonxitudinal, preferiblemente colaborativas a nivel internacional, que estuden máis a fondo as causas da violencia na parella e as estratexias de prevención idóneas para freala.
##submission.downloads##
Publicada
##submission.howToCite##
Número
Sección
##submission.license##
##submission.copyrightStatement##
##submission.license.cc.by-nc-nd4.footer##Esta revista publícase baixo licencia
CC Atribución-Non comercial-Non derivadas 4.0 Internacional (CC BY-NC-ND 4.0)