Ecografía en atención primaria: herramienta clave para el diagnóstico de adenopatías cervicales

Autores/as

  • ESTER VECILLAS LOPEZ RESIDENTE
  • LARA PIEDRABUENA REPRESAS
  • FÉLIX ALONSO GARCÍA

Palabras clave:

Adenopatías cervicales, ecografía, carcinoma escamoso, Atención primaria

Resumo

Preséntase o caso dun varón de 66 anos que consulta en atención primaria pola aparición dunha tumoración cervical esquerda de crecemento progresivo na última semana. O paciente ten antecedentes de tabaquismo activo, hipertensión arterial, apneas obstructivas do sono, bocio multinodular e un carcinoma epidermoide da corda vocal esquerda, tratado en 2015. Tras a interrupción do seguimento oncolóxico debido á pandemia de SARS-CoV-2, a ecografía realizada na consulta revelou adenopatías cervicais con características suxestivas de malignidade.

Os resultados da analítica, xunto coa ecografía, orientaron o diagnóstico cara a unha posible recidiva oncolóxica. Ante a sospeita de malignidade, o paciente foi derivado de forma urxente a Otorrinolaringoloxía, onde, tras probas adicionais, confirmouse o diagnóstico de carcinoma escamoso metastásico.

Este caso destaca a relevancia da ecografía en atención primaria como unha ferramenta clave para unha avaliación rápida e precisa, que facilita a orientación diagnóstica. Así mesmo, pon de manifesto o papel fundamental dos médicos de atención primaria en garantir a continuidade asistencial dos pacientes.

##submission.downloads##

Publicada

12-11-2024

Número

Sección

Casos clinicos