Entrevistas no Barrio: efecto das crises económica e pandemica sobre a saude mental da poboación infanto xuvenil
PREMIO Á MELLOR COMUNICACIÓN ORAL
Palabras clave:
saude mental, mocidade, covid-19, barrioResumo
Obxectivo:
As sucesivas crises económicas e pandémicas (incluídos os aillamentos) tiveron un gran impacto sanitario en todo o mundo. Estas crises exacerbaron os problemas sociais e a desigualdade social preexistente, as cales están relacionadas coas desigualdades sanitarias, especialmente nas zonas desfavorecidas. O barrio de estudo é un dos máis grandes e poboados de Galicia. É unha zona vulnerable de clase traballadora e de gran diversidade cultural onde o rural e o urbano comparten espazos. Queriamos avaliar o impacto das crises económicas e pandémicas na saúde mental e o benestar emocional da poboación infanto-xuvenil dunha zona vulnerable.
Material e Métodos: Realizamos entrevistas semiestruturadas a axentes sociais clave do barrio. Persoas que poden ofrecernos información sobre a saúde mental dos mozos do barrio, permitindo realizar unha aproximación ao seu contexto social, económico e comunitario.
Resultados: Os actores sinalaron que a pandemia supuxo un antes e un despois, pero non se percibe como o principal determinante. Agravou o malestar emocional e os problemas de saúde mental previos. Os principais problemas de saúde mental dos adolescentes están relacionados coa ansiedade, entre os que destaca o aumento xeneralizado das condutas autolesivas. Os resultados preliminares do estudo mostran unha clara preocupación pola saúde mental desde os centros educativos, onde os axentes expuxeron frases como: "que xera unha sensación de que nin sinto nin sufro, estou baleiro e se me corto, sinto algo". Existe frustración entre os profesionais e a percepción de falta de recursos, especialmente humanos, en saúde mental.
Conclusión: É necesario dotar ás comunidades en xeral, recursos para tratar os problemas de saúde mental da mocidade, oa cales aumentaron tras os confinamientos pero que estaban previamente presentes no barrio.
Publicada
##submission.howToCite##
Número
Sección
##submission.license##
##submission.copyrightStatement##
##submission.license.cc.by-nc-nd4.footer##Esta revista publícase baixo licencia
CC Atribución-Non comercial-Non derivadas 4.0 Internacional (CC BY-NC-ND 4.0)