Alimentación 360º/+ que unha experiencia

Autores/as

  • Mercedes A. Hernández Gómez MFyC
  • Noemi Amaro Vázquez Residente MFyC CS Novoa Santos-Ourense
  • Alba López Álvarez Residente MFyC CS Novoa Santos-Ourense

Resumo

Alimentación 360º /  + que unha dieta

Obxectivo.

Informar sobre a influencia dos hábitos de vida relacionados coa alimentación na saúde e o benestar.

Descrición.

O grupo de atención comunitaria (AC) foi convidado por un concello rural a dar unha sesión sobre alimentación, tras detectar conxuntamente en reunións previas a necesidade de mellorar hábitos de vida entre os veciños  e potenciar recursos locais.

Preparación. Reunión específica con participación do alcalde, a concelleira de servizos sociais, as traballadoras sociais do concello e 4 membros do grupo de AC. Segundo técnica de grupos focais, unha centrou o debate, outra tomou notas e dúas actuaron como observadoras. En reunión informal posterior priorizáronse necesidades, local e datas dispoñibles.

Preparación de contidos. Técnica Fotovoz (neveiras, alacenas, andeis de tendas e supermercados). Os contidos versaron sobre reflexións saúde/benestar; a cesta da compra; etiquetaxes; alcol; azucres; froitas; conservas; aproveitamento/lixo; soidade; horta; envellecemento.

Locais elixidos. Salón de actos dun centro de día situado nos arredores, e o local dunha asociación veciñal.

Sesión. Presentación polo alcalde, asistencia dunha médica do concello, da concelleira de servizos sociais e participantes de todo o concello. A sesión guiada por diapositivas dirixiuna unha médica de familia do grupo de AC, 5 residentes agruparon ao azar aos participantes de forma equitativa co fin de centrar a atención, axudar a resolver dúbidas, recoller datos e non dispersar o debate.

Para fomentar a participación utilizáronse preguntas cerradas/abertas e levantaban cartolinas vermellas e verdes (non acordo/acordo).

Conclusións

  • En AC é fundamental a participación cidadá
  • A AC baseada en necesidades de saúde poboacionais é ben aceptada

Aplicabilidade

Esta intervención ten utilidade en distintos ámbitos para informar sobre hábitos saudables e recoller necesidades sobre o benestar da poboación coa que traballamos.

 

 

Publicada

20-05-2023