Prescrición de antidepresivos nunha poboación rural
Palabras clave:
Depresión, Antidepresivos, Poboación ruralResumo
Introdución: Os antidepresivos (AD) son fármacos ampliamente usados para o tratamento da depresión, ansiedade e dor crónica, entre outras. O seu consumo aumentou de forma considerable dende fai anos.
Obxectivos: Coñecer a prevalencia do consumo de AD nunha poboación rural, determinar se existe asociación entre a prescrición de AD, variables socio-demográficas, o consumo de alcol e tabaco, e as patoloxías crónicas.
Material e métodos: Estudo observacional, mostra aleatoria estratificada por idade da poboación ≥18 anos do Concello da Estrada. N=1516. Variables: cuestionario estructurado con datos demográficos, enfermidades crónicas, fármacos, tabaco e alcol. Cuestionario International Physical Activity Questionnaire (short form) e Escala de Goldberg de ansiedade e depresión.
Resultados: Participaron 838 mulleres e 678 homes. Tomaban AD o 13,5% (19,9% mulleres e 5’5% homes). O uso de AD aumenta coa idade, coa menor escolarizanzión e cos estados civís: viuvos/as e separados/as. Encontrouse unha relación inversa entre a realización de actividade física e o uso de AD, tamén co tabaco e o alcol, a menos consumo toman máis AD. Achouse unha asociación entre toma de AD e enfermidades crónicas: diabetes mellitus, hipertensión arterial, hiperlipemia, depresión ou enfermedades osteoarticulares. A positividade na escala de Goldberg de ansiedade e depresión tamén se asocia cun maior consumo de AD que se a escala é negativa. Todas estas asociacións foron estatísticamente significativas (p < 0,001).
Conclusións: O perfil do consumidor de AD é o dunha muller maior, fráxil e pluripatolóxica
##submission.downloads##
Publicada
##submission.howToCite##
Número
Sección
##submission.license##
##submission.copyrightStatement##
##submission.license.cc.by-nc-nd4.footer##Esta revista publícase baixo licencia
CC Atribución-Non comercial-Non derivadas 4.0 Internacional (CC BY-NC-ND 4.0)