Retirada aos Cuarteis de Inverno.
Resumen
Obxectivos da experiencia •
Imos expoñer unha experiencia non reglada que foi xordindo de maneira dinámica, que nace dunha situación de desfeita da Atención primaria e que leva a busca de superación da mesma. Tras intentos de movilización social e profesional que non deron os seus froitos toca unha Retirada aos Cuarteis de Inverno como unha oportunidade para reforzarnos cunha actitude de preservación da nosa esencia. Facer equipo convírtese agora no obxetivo principal da experiencia.
Descrición da experiencia •
Baixo a premisa de que para sermos equipo precisamos comunicación frecuente e persistente, vemos que o noso centro de saude, ao igual que moitos outros, desenvolve o seu traballo en espazos individualizados.
Propomos un punto de encontro diario, fisico, formal e polivalente, e decir tanto no profesional como no vivencial. Iniciamos o camiño fixando un calendario semanal de actividades de caracter formativo abertas a todos os profesionais e no que tamén caben a tansmisión de novas.
Reunímonos na chamada sala de sesións as 08,30 e fixámosnos unha temática para cada día da semana. A parte formal do encontro ten unha duración de 20 minutos. A experiencia comeza a ter éxito, mais e evolución é fluctuante. A perserverancia na idea fai que, malia os sucesivos retrocesos, vaiamos enriquecendo a experiencia dotandoa ademais de novas actividades e implicando cada vez a máis profesionais do centro.
Conclusións •
A día de hoxe participan diariamente máis de 15 profesionais de todas as categorías: MF, enfermería, auxiliares, odontóloga, hixienista, psx , mir e eir..., extendemos as actividades á comunidade, xa temos un Blog e estamos en redes socias como Twiter e Instagran. Máis onde maior valor gañamos foi no Facer Equipo, creando un ambiente de traballo agradable onde prima a colaboración e as sinerxias.
Aplicabilidade
Esta experiencia e perfectamente aplicable en calquera equipo de AP, facendo só axustes precisos en cada caso. Coidamos que coidarnos no noso Cuartel de Inverno e sempre necesario, pero a día de hoxe faise imprecindible.
Publicado
Cómo citar
Número
Sección
Licencia
Derechos de autor 2023 Cadernos de Atención Primaria
Esta obra está bajo una licencia internacional Creative Commons Atribución-NoComercial-SinDerivadas 4.0.
Esta revista se publica bajo una licencia
CC Atribución-NoComercial-SinDerivadas 4.0 Internacional (CC BY-NC-ND 4.0)