Infrecuente pero para considerar: Úlceras de Lipstchüz
Abstract
- Ámbito do caso: Atención Primaria
- Motivo de consulta: Muller de 27 anos que acude por aparición de varias lesións dolorosas en vulva.
- Historia clínica: Nos seus antecedentes persoais destaca alerxia á clindamicina, sen outros antecedentes médico-cirúrxicos de interés. Único tratamento crónico anticonceptivos orais. Refire lesións en labio vulvar esquerdo, dolorosas, non prurixinosas de 2 días de evolución. Fluxo vaxinal normal. Sen relacións sexuais de risco. Non dor abdominal, sen clínica urinaria. Cadro de odinofaxia e mal estado xeral asociado a febrícula, sen outra clínica nos 5 días previos á aparición das lesións.
Dentro do diagnóstico diferencial, tivéronse en conta principalmente herpes simple, sífile, chancroide, virus de Epstein-Barr, úlceras de Lipschutz e Síndrome de Behçet.
Realízase tratamento con fomentos locais de permanganato e antiinflamatorios.
Con este tratamento, presentou resolución completa das lesións en 2 semanas. Tivo recurrencia das lesións en varias ocasións, sempre tras infección respiratoria. Dadas as características das lesións, a cronoloxía compatible e as probas complementarias inconcluintes, o diagnóstico foi Úlcera de Lipschutz
- Conclusións: As úlceras vulvares de Lipschutz son unha entidade infradiagnosticada, caracterizada por lesións ulceradas dolorosas que aparecen tras un cadro tipo catarral, non asociadas a infeccións de transmisión sexual. O diagnóstico é clínico e de exclusión. En Atención Primaria temos as ferramentas para identificalas e poder transmitir tranquilidade ás pacientes dado a súa natureza benigna e autolimitada
Published
How to Cite
Issue
Section
License
Copyright (c) 2023 Cadernos de atencion primaria
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International License.
This journal is publish under a license
CC Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International (CC BY-NC-ND 4.0)