Prescrición de opioides maiores en pacientes menores de 65 anos da área sanitaria de Vigo
Keywords:
Dor crónica, Atención primaria, analxésicos opioidesAbstract
● Obxectivo: O obxectivo principal deste estudo é analizar a patoloxía asociada á prescrición de opioides maiores en pacientes menores de 65 anos nun servicio de Atención Primaria da Área Sanitaria de Vigo. Como obxectivos secundarios inclúense análise por sexo e idade, tipo de opioide prescrito, ámbito de inicio da prescrición e duración do consumo.
● Deseño: Estudo observacional con medicamentos, transversal, retrospectivo, non controlado, baseado nunha auditoría de historias clínicas electrónicas.
● Ámbito: Atención primaria. Centros de saúde de Sárdoma e Bembrive
● Método e medicións:
- Participantes: Incluíronse doentes de entre 25 e 64 anos con prescrición activa de opioides maiores (buprenorfina, fentanilo, hidromorfona, morfina, oxicodona, tapentadol) excluíndo aqueles con diagnóstico activo de neoplasia. A mostra estimouse en 145 pacientes.
- Medicións principais: Patoloxía asociada á prescrición, codificada segundo CIAP-2. Como variables secundarias atópanse: sexo, idade, tipo de opioide, ámbito de prescrición e duración do consumo. Analizáronse indicadores como DHD e DDD para o consumo. Análise descritivo bivariante.
● Resultados: O 65% dos pacientes da muestra foron mulleres. A idade media dos suxeitos a estudo era de 55 anos, similar en ambos sexos. O principio activo máis prescrito foi o tapentadol, que continúa con tendencia ascendente, seguido do fentanilo transdérmico. A patoloxía máis frecuentemente asociada foi a lumbalxia con irradiación da dor. As prescricións dende atención primaria supuxeron o groso da análise. Só un 20% da poboación a estudo estivo a tratamento de forma intermitente.
● Conclusións: As patoloxías musculoesqueléticas constitúen un dos principais motivos para a prescrición de opioides maiores en dor crónica non oncolóxica. Existe un sesgo de xénero, cun consumo maior en mulleres. Destaca a elevada porcentaxe de pacientes con tapentadol, moi alonxado doutros principios activos coma a morfina, fármaco con maior experiencia e que figura nas guías como de elección. Son moitas as prescricións que se inician dende atención primaria e convén tamén dende este ámbito facer un adecuado seguemento e monitorización destes fármacos.
Existe unha asociación significativa entre o tratamento pautado por varias patoloxías concomitantes e o sexo, probablemente influida polos propios pacientes, observándose un maior número de mulleres tratadas con opioides maiores por patoloxías musculoesqueléticas e fibromialxia.
Published
How to Cite
Issue
Section
License
Copyright (c) 2025 Cadernos de atencion primaria

This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International License.
This journal is publish under a license
CC Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International (CC BY-NC-ND 4.0)