O que as palpitacións agochan.A prop´ósito dun caso
Abstract
Ámbito do caso : A. Primaria; A. Hospitalaria
Motivo da consulta: Palpitacións
Historia clínica:
Muller de 38 anos, AP de tabaquismo activo, que acude ao PAC por palpitacións autolimitadas, ECG compatible con HVE, polo que é derivada ao servizo de Cardioloxía, ao que non acude.
Tras persistir con episodios esporádicos de palpitacións durante os seguintes 6 meses, acude urxente ao centro de saúde, e na anamnese, refire levar con episodios de dor centrotorácica opresiva e palpitacións asociadas dende hai unha semana, que a doente relacionaba con ansiedade, causada por problemática familiar. No intre en que é atendida de urxencia na nosa consulta, relata que comeza con aumento da intensidade da súa sintomatoloxía, sendo acompañada por importante suoración e vómitos.
Exploración física: TA 249/141. Impresionaba de mal estado xeral, presentando suoración profusa e vómitos.
Tras administrar captopril VO e furosemida IV non se consiguen normalizar cifras de TA, polo que é derivada en ambulancia medicalizada ao hospital onde é diagnosticada de feocromocitoma.
Evolución:
Tras ser intervida quirurxicamente, a doente é dada de alta con seguemento compartido por Endocrinoloxía e A. Primaria.
Conclusións:
A pesar do infrecuente do diagnóstico e a variabilidade clínica que pode confundirnos con outras enfermidades, a sospeita de feocromocitoma debe estar presente no diagnóstico diferencial de pacientes coa tríada clásica (HTA, palpitacións/suoración e cefalea), malia poder encaixar cun episodio de crise de ansiedade.
Published
How to Cite
Issue
Section
License
Copyright (c) 2023 Cadernos de atencion primaria
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International License.
This journal is publish under a license
CC Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International (CC BY-NC-ND 4.0)