Febre sen foco
Abstract
- Ámbito do caso: Atención primaria
- Motivo de consulta: Febre
- Historia clínica:
- Antecedentes: Alerxia a amoxicilina. Non outros antecedentes de interese.
- Anamnese: Consulta por febre de ata 38.5ºC de 2 semanas de evolución, asociada a cervicalxia, sen outra clínica. Acudira en 3 ocasións a urxencias, diagnosticado de otitis media e tratado con levofloxacino e cefditoreno, sen resolución; posteriormente diagnostican de viriase.
- Exploración física normal.
- Probas complementarias: Analítica en urxencias: Leucocitos 12730, linfocitos 6500, PCR 26, resto normal.
Desde atención primaria, solicítase nova analítica, con seroloxías, que poñen de manifesto: leucocitos 21000, linfocitos 16600 (frotis: linfocitos de aspecto reactivo, compatible con infección vírica en curso). AST 299, ALT 453, PCR 14. Seroloxía CMV IgM positiva.
- Xuízo clínico, diagnóstico diferencial: Atopámonos ante un paciente que acudiu a urxencias por febre sen claro foco, con probas complementarias básicas anodinas. Os diagnósticos plantexados son otite media aguda, viriase e contractura cervical.
- Plan de actuación: En atención primaria indicouse a realización dun calendario de temperaturas, solicitouse analítica completa e citouse unha semana despois. Pautouse paracetamol, con boa resposta. Posteriormente, obxectivouse unha infección por CMV. O paciente, tras 3 semanas, atopábase afebril e asintomático, polo que repetimos a analítica, con normalización dos parámetros hepáticos e do hemograma.
- Conclusións: Atopámonos ante un paciente que acudiu en 3 ocasións a Urxencias, onde non se solicitaron probas orientadas a establecer un diagnóstico definitivo (seroloxías, cultivos) se non que foi tratado con 2 antibióticos empiricamente. En atención primaria a actitude foi a de realizar as probas complementarias para chegar a un diagnóstico antes de decidir un tratamento.
Nos casos de febre de orixe descoñecido, é conveniente a realización de seroloxías, un calendario de temperaturas e control sintomático, previamente a tratamentos empíricos. Vemos a importancia da atención primaria e do seguimento que permite realizar aos pacientes.
Published
How to Cite
Issue
Section
License
Copyright (c) 2023 Cadernos de atencion primaria
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International License.
This journal is publish under a license
CC Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International (CC BY-NC-ND 4.0)