Infrecuente pero para considerar: Úlceras de Lipstchüz

Autores/as

  • Carolina Suárez Blanco Centro de Saúde Sárdoma
  • Pablo Moldes Peña
  • Mabel Castro García
  • Raquel del Río Rodríguez

Resumen

  • Ámbito do caso: Atención Primaria

 

  • Motivo de consulta: Muller de 27 anos que acude por aparición de varias lesións dolorosas en vulva.

 

  • Historia clínica: Nos seus antecedentes persoais destaca alerxia á clindamicina, sen outros antecedentes médico-cirúrxicos de interés. Único tratamento crónico anticonceptivos orais. Refire lesións en labio vulvar esquerdo, dolorosas, non prurixinosas de 2 días de evolución. Fluxo vaxinal normal. Sen relacións sexuais de risco. Non dor abdominal, sen clínica urinaria. Cadro de odinofaxia e mal estado xeral asociado a febrícula, sen outra clínica nos 5 días previos á aparición das lesións.

Dentro do diagnóstico diferencial, tivéronse en conta principalmente herpes simple, sífile, chancroide, virus de Epstein-Barr, úlceras de Lipschutz e Síndrome de Behçet.

Realízase tratamento con fomentos locais de permanganato e antiinflamatorios.

Con este tratamento, presentou resolución completa das lesións en 2 semanas. Tivo recurrencia das lesións en varias ocasións, sempre tras infección respiratoria. Dadas as características das lesións, a cronoloxía compatible e as probas complementarias inconcluintes, o diagnóstico foi Úlcera de Lipschutz

 

  • Conclusións: As úlceras vulvares de Lipschutz son unha entidade infradiagnosticada, caracterizada por lesións ulceradas dolorosas que aparecen tras un cadro tipo catarral, non asociadas a infeccións de transmisión sexual. O diagnóstico é clínico e de exclusión. En Atención Primaria temos as ferramentas para identificalas e poder transmitir tranquilidade ás pacientes dado a súa natureza benigna e autolimitada

 

 

Publicado

20-05-2023

Cómo citar

1.
Suárez Blanco C, Moldes Peña P, Castro García M, del Río Rodríguez R. Infrecuente pero para considerar: Úlceras de Lipstchüz. Cad.Aten.Primaria [Internet]. 20 de mayo de 2023 [citado 18 de abril de 2024];28(3). Disponible en: https://journal.agamfec.com/index.php/cadernos/article/view/79