Mírame aos ollos

Autores/as

  • Belen Blanco Eiras Centro de Saúde de Bueu

Resumen

Muller de mediana idade que acude á consulta por sensación de pálpebra caída de semanas de evolución e lagrimexo constante tras un proceso catarral.

Dentro dos seus antecedentes persoais destacan: intolerancia conxénita a frutosa, fumadora e enfermidade de Graves-Basedow con mal control a tratamento con tirodril 1,5 comprimidos diarios.

Durante a exploración física observase un ollo máis pechado que o outro sen alteración da agudeza visual. Revísanse analíticas recentes onde presentaba TSH <0.008 e T3 de 7.11. Recomendáselle contactar con endocrinólogo habitual para valorar dita situación e este profesional non lle da importancia. Dada a escasa melloría enviase a urxencias onde realizan TC cerebral e Rx de tórax que saen normais, alí citan preferentemente en oftalmoloxía. Previa a esta consulta solicitáselle á paciente que acude de novo á nosa consulta con fotos previas onde se vexan os seus ollos.

Comparando cos meses previos, dámonos conta de que o ollo alterado non é o pechado, senón o que está aberto de máis. Que a paciente presenta de forma paulatina co paso dos meses unha apertura palpebral e ao ter un proceso catarral con lagrimexo nun dos ollos, inconscientemente pensa que o ollo malo é o pechado e nós caemos no mesmo erro. Dada o noso erro recomendámoslle que acuda a consulta de oftalmoloxía, onde lle pautan metilprednisolona no hospital de día con melloría de dita sintomatoloxía.

A nosa conclusión foi que cando haxa algunha alteración ocular, debemos comparar con fotos previas especialmente se a paciente ten un antecedente dunha enfermidade de Graves-Basedow e non debemos deixarnos levar polos diagnósticos dos propios pacientes.

Publicado

20-05-2023

Cómo citar

1.
Blanco Eiras B. Mírame aos ollos. Cad.Aten.Primaria [Internet]. 20 de mayo de 2023 [citado 25 de abril de 2024];28(3). Disponible en: https://journal.agamfec.com/index.php/cadernos/article/view/60