Febre sen foco

Autores/as

  • Irene Ferreiro Sanmartín Centro de Saúde A Milagrosa
  • Alejandro Morán Valiño
  • Lucía Romero Ramil

Resumen

  • Ámbito do caso: Atención primaria
  • Motivo de consulta: Febre
  • Historia clínica:
    • Antecedentes: Alerxia a amoxicilina. Non outros antecedentes de interese.
    • Anamnese: Consulta por febre de ata 38.5ºC de 2 semanas de evolución, asociada a cervicalxia, sen outra clínica. Acudira en 3 ocasións a urxencias, diagnosticado de otitis media e tratado con levofloxacino e cefditoreno, sen resolución; posteriormente diagnostican de viriase.
    • Exploración física normal.
    • Probas complementarias: Analítica en urxencias: Leucocitos 12730, linfocitos 6500, PCR 26, resto normal.

Desde atención primaria, solicítase nova analítica, con seroloxías, que poñen de manifesto: leucocitos 21000, linfocitos 16600 (frotis: linfocitos de aspecto reactivo, compatible con infección vírica en curso). AST 299, ALT 453, PCR 14. Seroloxía CMV IgM positiva.

  • Xuízo clínico, diagnóstico diferencial: Atopámonos ante un paciente que acudiu a urxencias por febre sen claro foco, con probas complementarias básicas anodinas. Os diagnósticos plantexados son otite media aguda, viriase e contractura cervical.
  • Plan de actuación: En atención primaria indicouse a realización dun calendario de temperaturas, solicitouse analítica completa e citouse unha semana despois. Pautouse paracetamol, con boa resposta. Posteriormente, obxectivouse unha infección por CMV. O paciente, tras 3 semanas, atopábase afebril e asintomático, polo que repetimos a analítica, con normalización dos parámetros hepáticos e do hemograma.
  • Conclusións: Atopámonos ante un paciente que acudiu en 3 ocasións a Urxencias, onde non se solicitaron probas orientadas a establecer un diagnóstico definitivo (seroloxías, cultivos) se non que foi tratado con 2 antibióticos empiricamente. En atención primaria a actitude foi a de realizar as probas complementarias para chegar a un diagnóstico antes de decidir un tratamento.

Nos casos de febre de orixe descoñecido, é conveniente a realización de seroloxías, un calendario de temperaturas e control sintomático, previamente a tratamentos empíricos. Vemos a importancia da atención primaria e do seguimento que permite realizar aos pacientes.

Publicado

20-05-2023

Cómo citar

1.
Ferreiro Sanmartín I, Morán Valiño A, Romero Ramil L. Febre sen foco. Cad.Aten.Primaria [Internet]. 20 de mayo de 2023 [citado 9 de diciembre de 2024];28(3). Disponible en: https://journal.agamfec.com/index.php/cadernos/article/view/100