Soidade non desexada, a sua prevalencia e asociación coa sa´úde precibida na poboación xeral. Primeiro premio UD VIGO

Autores/as

  • Noelia Sánchez Fontarigo CENTRO SAÚDE MATAMÁ
  • Alba María Mellado García

Palabras clave:

soidade non desexada, calidade de vida, factores de risco cardiovascular, psicofármacos

Resumen

A soidade non desexada é un dos principais problemas de saúde pública deste século e viuse acentuado durante a pandemia de Covid-19. Son descoñecidos os datos de prevalencia deste sentimento de soidade non desexada, e do seu posible impacto negativo sobre a saúde.

Obxectivo: coñecer a prevalencia de soidade non desexada (mediante a escala UCLA3), estratificada en grupos de  idades, xénero, estado civil e núcleo de convivencia. De forma secundaria determinar se existe asociación entre soidade e diferentes problemas de saúde: factores de risco cardiovascular, uso de psicofármacos, número de asistencias aos servizos sanitarios e calidade de vida (medida mediante o EuroQuol-5D).

Deseño: estudo transversal no ámbito da atención primaria.

Método e medicións: mostra aleatoria de 350 pacientes maiores de 25 anos, do Centro de Sáude de Matamá, en Vigo, a través de mostraxe aleatoria simple do listado de pacientes dun cupo. Reclutamos unha mostra final de 202 pacientes mediante carta postal ou chamada telefónica. As entrevistas realizáronse de forma presencial na consulta do centro de saúde.  

Resultados: A prevalencia de soidade non desexada na poboación estudiada é do 22,3% (IC95%:17,0-28,4). Na regresión loxística multivariante, se detecta o efecto  independiente da idade (1,042), sexo muller (0,273), máis psicof´armacos (0,340) e calidad de vida (1,053) na UCLA, con R2 baixo (33,4%).

Non houbo diferencias de prevalencia entre persoas con parella estable ou sen ela, nin co número de convivintes no mesmo domicilio. En canto á asociación con problemas de saúde, observouse que aquelas persoas que se senten soas toman máis psicofármacos e que, canto maior é a prevalencia de soidade, menor é a puntuación na escala visual analóxica do EQ-5D (termómetro), e polo tanto peor percepción da saúde. 

Conclusións: a soidade non desexada en un problema moi prevalente no noso contexto. Muller e idade son os maiores factores de risco, mentras que uso de psicofármacos e calidade de vida son protectores. A soidade non desexada ten un impacto negativo sobre a calidade de vida dos pacientes e o uso de psicofármacos, polo que deberíamos plantearnos recollelo na historia clínica como determinante de saúde.

 

Publicado

01-05-2022

Cómo citar

1.
Sánchez Fontarigo N, Mellado García AM. Soidade non desexada, a sua prevalencia e asociación coa sa´úde precibida na poboación xeral. Primeiro premio UD VIGO. Cad.Aten.Primaria [Internet]. 1 de mayo de 2022 [citado 30 de diciembre de 2024];28(2). Disponible en: https://journal.agamfec.com/index.php/cadernos/article/view/37

Número

Sección

Unidade Docente Multiprofesional de Atención Familiar e Comunitaria de Vigo