Envíos

Esta revista non acepta envíos neste momento.

Listaxe de verificación para preparar envíos

Como parte integrante do proceso de envío, os autores/as teñen que asegurarse de que o seu envío cumpra todas as condicións que veñen a continuación. No caso de non se seguiren estas directrices, os envíos poderanse devolver aos autores/as.
  • O traballo é orixinal e non foi presentado a ningún outro congreso, salvo as excepcións previstas nas Normas de envío
  • NON SE INDICA A PROCEDENCIA DO ESTUDO NO TÍTULO NEN RESUMO
  • No caso de que a comunicación sexa aceptada, deberase inscribir ao congreso alomenos un autor
  • Se desexa propor un tipo de presentación: Oral o Póster, pode marcar a categoría correspondente.Teña en conta que o Comité Científico podería aceptar o traballo para a súa presentación en outro formato.

Directrices para o autor/a

Para realizar o envío só é preciso cubrir o resumo e os datos dos/as autores/as

Resultados de Investigación

NON SE DEBE INDICAR A PROCEDENCIA DO ESTUDO no título, nin no texto do resumo

Deberanse evitar alusións que permitan localizar ás persoas ou ó centro en concreto onde se
levou a cabo o estudo (será motivo de rexeitamento por parte do Comité Científico).

Máximo 6 autores

Non se admitirán cadros, figuras, nin gráficos no resumo.

En caso de financiamento externo debe citarse a procedencia do mesmo no apartado
axencias de apoio. Se se trata dun ensaio clínico hai que citar o CEIC que concedeu a
autorización.

 

As comunicacións de resultados de investigación deberán presentar un resumo estruturado
(máximo 350 palabras) que debe conter os seguintes apartados:
• Obxectivo
• Material e métodos: deseño, ámbito de realización e marco ou nivel de atención sanitaria,
criterios de selección, número de suxeitos incluídos, número de suxeitos que responden e
abandonos, intervencións (se procede), variables e métodos de avaliación da resposta. Análise
estatística, limitacións, aspectos ético-legais.
• Resultados
• Conclusións

Proxectos de investigación

NON SE DEBE INDICAR A PROCEDENCIA DO ESTUDO no título, nin no texto do resumo

Deberanse evitar alusións que permitan localizar ás persoas ou ó centro en concreto onde se
levou a cabo o estudo (será motivo de rexeitamento por parte do Comité Científico).

Máximo 6 autores

Non se admitirán cadros, figuras, nin gráficos no resumo.

En caso de financiamento externo debe citarse a procedencia do mesmo no apartado
axencias de apoio. Se se trata dun ensaio clínico hai que citar o CEIC que concedeu a
autorización.

 

O formato para este tipo de comunicacións debe conter os seguintes apartados (máximo 300
palabras):
• Obxectivos
• Material e métodos: deseño, lugar de realización e marco ou nivel de atención sanitaria,
criterios de selección, número de suxeitos necesarios, muestreo, intervencións, análise
estatística, medicións e intervencións, variables que se estudasen, análise estatística proposta,
limitacións do estudo.
• Aplicabilidade dos resultados esperados
• Aspectos ético-legais
• Financiamento
• Especificar se é ou non MULTICÉNTRICO

 

 

Casos clinicos

NON SE DEBE INDICAR A PROCEDENCIA DO ESTUDO no título, nin no texto do resumo

Deberanse evitar alusións que permitan localizar ás persoas ou ó centro en concreto onde se
levou a cabo o estudo (será motivo de rexeitamento por parte do Comité Científico).

Máximo 6 autores

Non se admitirán cadros, figuras, nin gráficos no resumo.

En caso de financiamento externo debe citarse a procedencia do mesmo no apartado
axencias de apoio. Se se trata dun ensaio clínico hai que citar o CEIC que concedeu a
autorización.

 

A comunicación de casos clínicos centrarase en pacientes atendidos fundamentalmente en
Atención Primaria e ós que se realizou un seguimento e se estableceu un diagnóstico,
compartido ou non co nivel hospitalario, pero que o labor do Médico de Familia sexa
relevante.
Os casos clínicos enviados para a valoración do Comité Científico poderán referirse ás distintas
facetas do traballo do médico de familia, que van desde a utilización do razoamento clínico, ó
manexo da incerteza, actuación ante síntomas ou signos de alarma, necesidade de abordaxe bioéticos, etc.
En definitiva, queremos recibir aqueles casos clínicos que nos vosos centros poidan ser
obxecto dunha sesión clínica e cuxa comunicación ó resto de congresistas poida aportar un
mellor coñecemento dos nosos pacientes en Atención Primaria e aumentar a nosa capacidade
de resolución de problemas de saúde.
Recoméndase a solicitude do consentimento informado do paciente sobre o que se envíe o
caso clínico, considerando, por parte do comité científico, un elemento de calidade a solicitude
do mesmo.
O resumo (máximo 300 palabras) debe conter os seguintes apartados:
• Ámbito do caso: Atención Primaria, Servizos Urxencias
• Motivos de consulta
• Historia clínica
o Enfoque individual: Antecedentes persoais, Anamnese, Exploración, Probas
complementarias.
O Enfoque familiar e comunitario: Estudo da familia e a comunidade o Xuízo clínico,
diagnóstico diferencial, identificación de problemas.
o Tratamento, plans de actuación.
o Evolución.
• Conclusións (e aplicabilidade para a medicina de familia)

Comunicación de experiencias

NON SE DEBE INDICAR A PROCEDENCIA DO ESTUDO no título, nin no texto do resumo

Deberanse evitar alusións que permitan localizar ás persoas ou ó centro en concreto onde se
levou a cabo o estudo (será motivo de rexeitamento por parte do Comité Científico).

Máximo 6 autores

Non se admitirán cadros, figuras, nin gráficos no resumo.

En caso de financiamento externo debe citarse a procedencia do mesmo no apartado
axencias de apoio. Se se trata dun ensaio clínico hai que citar o CEIC que concedeu a
autorización.

O grupo de comunicacións sobre experiencias ofrece a oportunidade de presentar
experiencias novidosas de tipo organizativo, asistencial, educativo, docente ou de calquera
outra esfera que, pola súa formulación ou polos seus resultados, poidan ser de especial
interese para os asistentes ao congreso, para o conxunto dos médicos de familia ou da
organización sanitaria na que desempeñamos o noso labor. O seu resumo (máximo 300
palabras) incluirá os seguintes apartados:
• Obxectivos da experiencia
• Descrición da experiencia
• Conclusións
• Aplicabilidade

 

Declaración de privacidade

Nesta Política de Privacidade, a  Revista Cadernos de Atención Primaria, a revista Xorndas AGAMFEC e a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria poñemos á túa disposición toda a información sobre o tratamento de datos de carácter persoal que realizamos. Por favor, recomendámosche que leas sempre antes de facilitar calquera dato de carácter persoal.

Un dato de carácter persoal é calquera información que te identifique, ben directamente como o teu nome e apelidos, dirección electrónica ou email, dirección postal, teléfono, ou ben outros datos que aínda que non te identifican directamente se están directamente relacionados contigo.

Para a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria a protección da túa información e datos é moi importante, non só polo cumprimento das obrigacións que a normativa legal imponnos e, por iso, implementamos mecanismos seguros de transmisión de datos.

Nesta Política de Privacidade facilitámosche toda a información sobre os seguintes aspectos:

QUEN É O RESPONSABLE DO TRATAMENTO DOS DATOS?

Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria

CIF: G15136245

Para calquera dúbida, pregunta ou comentario que queiras facernos chegar, facilitámosche os seguintes puntos de contacto:

Teléfono: +34 634470960

Email: secretaria@agamfec.com

 

QUE DATOS RECOMPILAMOS?

Recompilamos fundamentalmente nome apelidos e datos de contacto ( dirección de correo electrónico, número de teléfono de ser o caso)

COMO SE USA A INFORMACIÓN E DATOS QUE NOS FACILITAS?

A finalidade do tratamento dos datos persoais que facilitase á  Revista Cadernosde Atención Primaria, e subsidiariamente á Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria veñen dadas pola necesidade de:

- Enviar novidades da revista Cadernos de Atención Primaria

- Xestionar a recepción e publicación de artigos.

Os datos persoais facilitados conservaranse mentres dure a súa relación coa revista Cadernos de Atención Primaria e a  Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria, manténdose máis aló cando por imperativo legal se estableza. Igualmente, comunicámoslle que os seus datos persoais non serán utilizados pola Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria para a elaboración de perfís comerciais. O tratamento da súa información persoal levaráse a cabo de forma lícita, leal, transparente, adecuada, pertinente, limitada, exacta e actualizada. 

Así mesmo, o usuario garante que os datos achegados son verdadeiros, exactos, completos e actualizados, sendo responsable de calquera dano ou prexuízo, directo ou indirecto, que puidese ocasionarse como consecuencia do incumprimento de tal obrigación. No caso de que o usuario facilite datos de terceiros, manifesta contar co consentimento dos mesmos e comprométese a trasladarlle a información contida nesta cláusula, eximindo á Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria de calquera responsabilidade neste sentido.

Como e onde se comparte a información?

Os teus datos non van ser compartidos con terceiras empresas ou persoas alleas á Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria.

Nos casos establecidos legalmente, debemos compartir a túa información coas administracións públicas que teñen competencia nas devanditas áreas de acordo ás obrigacións legais existentes.

Seguridade dos teus datos

A Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria dá gran importancia á seguridade de toda a información de identificación persoal. Por iso, adoptamos medidas para protexer correctamente os datos que tratamos e manter a súa confidencialidade e respecto da túa intimidade.

Unha vez que recibísemos a túa información, sobre os devanditos datos implementamos medidas de seguridade para garantir o acceso, confidencialidade, integridade e evitar calquera perda, mal uso e/ou alteración dos datos que están baixo o noso control.

Os teus Dereitos e o acceso á información

De acordo coa normativa vixente comunitaria (Regulamento UE 679/2016, do 27 de abril) e Española (Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro) tes a posibilidade de exercitar os seguintes dereitos personalísimos, acreditando de maneira fidedigna a túa identidade, ben a través de medios electrónicos (no caso de newsletters, comunicacións e correos electrónicos) ou ben a través de comunicación por escrito dirixida ao noso Responsable de Privacidade.

Os teus dereitos son os seguintes:

  • Dereito a revogar o teu consentimento e solicitarnos que non procesemos os teus datos persoais con fins comerciais, nin para enviarche comunicacións a través de correo electrónico, mensaxes sms, chamadas telefónicas e newsletters.
  • Dereito de acceso á información que dispoñemos referente á túa persoa, con especificación das finalidades do tratamento que realizamos e as comunicacións que realizamos a terceiras administracións e empresas, ben por atoparse autorizadas por lei ou por ser necesarias para a prestación do servizo que nos solicitaches, ben por outorgado o teu consentimento previo.
  • Dereito de rectificación dos teus datos, polo que actualizaremos e poñeremos ao día a información e datos que dispoñemos segundo a información que nos facilites.
  • Dereito á supresión dos teus datos, unha vez cumpridos os prazos legais de conservación fixados pola normativa de aplicación.
  • Dereito a opoñerte a que realicemos calquera actividade de tratamento dos teus datos, a través da revogación da túa autorización/consentimento.
  • Dereito a limitar o tratamento dos teus datos, coma no caso que interpoñas unha reclamación ou queiras que conservemos os teus datos por un prazo superior, evitando a súa supresión.
  • Dereito á portabilidade dos teus datos, polo que che facilitaremos nun formato de arquivo de lectura común aqueles datos que nos facilitaches no momento do teu rexistro como usuario.

Ademais, informámosche que sempre poderás acudir á Autoridade de Control Española de Protección de Datos (Axencia Española de Protección de Datos, www.agpd.es) para solicitar a súa tutela ou interpoñer unha reclamación en relación ao tratamento de datos persoais.

A nosa páxina pode conter ligazóns cara a e desde outras páxinas web, ben dos nosos partners, socios, empresas asociadas, entre outros. Se accedes a estas páxinas, ten en conta que nas mesmas poden serche solicitados datos ou informacións persoais. Por iso, informámosche que cando visites estas páxinas debes visitar as súas políticas de privacidade.

Responsable de Privacidade

En calquera momento poderasnos solicitar, de maneira totalmente gratuíta, ben por carta ou a través de correo electrónico, o exercicio dos teus dereitos, debendo incorporar á túa solicitude fotocopia do seu DNI/ NIE/Pasaporte, debido a que se trata dun dereito personalísimo.

As túas solicitudes deberás envialas ao noso Responsable de Privacidade na seguinte dirección:

Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria

Delegado de Protección de Datos: secretaria@agamfec.com